domingo, 24 de mayo de 2009

Como facer un plan de empresa

Aquí vos deixo unhas orientacións sobre os contidos que debe ter un plan de empresa.

Que é unha empresa?

Velaquí unha excelente presentación que resume o concepto e a evolución das empresas.

martes, 10 de marzo de 2009

Ideas e proxectos

Estamos intentando crear unhas empresas virtuais no obradoiro de iniciativas emprendedoras en 3º d 4º de ESO, para o cal convén consultar bancos de ideas.
Alí podemos atopar ideas de negocio organizadas por sectores de actividade que poden axudarnos a orientar o noso proxecto.

Autónomo

Outra alternativa, cando non queremos asociarnos con ninguén é optar por ser un empresario individual, un autónomo.
Pero, que obrigas teñen os autónomos?
Esta presentación de Lourdes Barroso axuda a entendelo.

Cooperativa

Á hora de decidir crear unha empresa hai que pensar no tipo de empresa que queremos ser (a súa forma xurídica). Unha opción moi interesante é a fórmula utilizada polas cooperativas.
Pero, que son as cooperativas?
Tal vez este vídeo axude a comprendelo.

viernes, 6 de marzo de 2009

Comezando

Inciamos a nosa andadura polo mundo dos blogs, de momento en fase de probas e experimentación.
Comezo intentando introducir un vídeo de youtube relativo á conmemoración do día da muller traballadora do próximo domingo.


Xa me diredes.